SLG indig­na­do com a Jun­ta polo fecha­men­to do «Gali­cia Hoxe» – Dia­rio Liber­da­de

300611_galizahojecapa

SLG – O Sin­di­ca­to Labre­go Gale­go que­re expre­sar a súa indig­na­ción dian­te do peche do xor­nal Gali­cia Hoxe, que segui­rá o ron­sel dei­xa­do por outros medios de expre­sión inte­gra­men­te redac­ta­dos en gale­go e cunha liña edi­to­rial alter­na­ti­va á ofi­cial como A Nosa Terra, Viei­ros, A Penei­ra ou GZ Nación. Todos eles bota­ron o peche nos pri­mei­ros anos de man­da­to de Núñez Fei­jóo á fron­te da Xun­ta de Gali­za.


Tería bas­ta­do cunha ínfi­ma por­cen­ta­xe dos millóns de euros que o Goberno de Fei­jóo ten des­bal­di­do na Cida­de da Cul­tu­ra para que Gali­cia Hoxe con­ti­nua­se dig­na­men­te co seu labor. Des­ta manei­ra, a Xun­ta amor­da­za a toda a pléia­de de xor­na­lis­tas, arti­cu­lis­tas e temá­ti­cas que daban con­ti­do ao Gali­cia Hoxe e que non adoi­tan a ter eco nou­tros medios de comu­ni­ca­ción; vaian coma exem­plo cues­tións cen­trais para esta orga­ni­za­ción sin­di­cal como a sobe­ra­nía ali­men­ta­ria, a alter­na­ti­va comer­cia­li­za­do­ra dos mer­ca­dos de pro­xi­mi­da­de e da ven­da direc­ta de pro­du­tos agra­rios, a loi­ta con­tra os trans­xé­ni­cos ou o comer­cio xus­to. É evi­den­te que a Xun­ta pre­fi­re unha Gali­za na que só teña voz o pen­sa­men­to úni­co do neo­li­be­ra­lis­mo eco­nó­mi­co, social e cul­tu­ral; e unha pren­sa escri­ta que só fale nun úni­co idio­ma: o cas­te­lán. Den­de a dita­du­ra fran­quis­ta, o idio­ma gale­go e a liber­da­de de expre­sión na Gali­za non recor­dan unha agre­sión tan bru­tal, pre­me­di­ta­da e des­tru­to­ra como a que está a per­pe­trar o actual Goberno da Xun­ta.

Por­que os gale­gos e gale­gas temos o derei­to a infor­mar­nos no noso idio­ma e das pro­ble­má­ti­cas que real­men­te nos afec­tan; por­que os cida­dáns e cida­dás temos derei­to a que os car­tos dos nosos impos­tos se xes­tio­nen de xei­to demo­crá­ti­co e trans­pa­ren­te á hora de finan­ciar os medios de comu­ni­ca­ción, con inde­pen­den­cia do idio­ma que uti­li­cen, da xen­te que neles escri­ba ou dos temas que tra­ten; por­que os con­su­mi­do­res e con­su­mi­do­ras temos o derei­to a eli­xir unha unha ali­men­ta­ción sa, sos­ti­ble e de cali­da­de; e por­que que os labre­gos e labre­gas temos derei­to a vivir dig­na­men­te do noso tra­ba­llo; as per­soas que for­ma­mos o Sin­di­ca­to Labre­go Gale­go nos reafir­ma­mos no com­pro­mi­so irre­nun­cia­ble co noso idio­ma e cunha visión alter­na­ti­va da agri­cul­tu­ra que posi­bi­li­te a man­ten­za dun medio rural vivo e a sobe­ra­nía ali­men­ta­ria de Gali­za. Por moi­to que nos cen­su­ren, e por moi­to que lle pese ao Goberno da Xun­ta.

Foto: Capa do Gali­za Hoje.


Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *