Mani­fes­taçom de rechaço à visi­ta do Papa «Eu nom te espe­ro» (vio­lên­cia poli­cial vs liber­da­de de expressom)-Galiza Contrainfo+Video.

4 de Novem­bro de 2010

Des­de as oito da tar­de cen­tos de per­soas con­vo­ca­das pola pla­ta­for­ma Eu non te espe­ro xun­tá­ban­se na Ala­me­da de Com­pos­te­la, onde un cor­dón poli­cial impe­día a saí­da da mani­fes­ta­ción. As con­vo­can­tes denun­cia­ron a fal­ta de liber­da­de de expre­sión que exis­te des­de hai máis dunha sema­na por mor da visi­ta do Papa, Bene­dic­to XVI, e o silen­cia­men­to de todas as ini­cia­ti­vas que se están a levar adian­te para rexei­tar e mani­fes­tar a opo­si­ción das mulle­res e da cida­da­nia en xeral de Com­pos­te­la con­tra o gas­to públi­co nes­ta visi­ta, asi como en con­tra da visi­ta do máxi­mo xefe do Esta­do Vati­cano, con­tra quen foi pre­sen­ta­da denun­cia estes dias nos Xul­ga­dos de Guar­da en Com­pos­te­la.

Pou­co des­pois das nove e media da noi­te, des­pois da lec­tu­ra dun mani­fes­to, deu­se por rema­ta­da a mobi­li­za­ción, e a xen­te que cru­za­ba o paso de peóns da Ala­me­da come­zou a berrar «Esta­do Poli­cial Visi­ta papal», ou «Nós non te espe­ra­mos», polo que os nume­ro­sos anti­dis­tur­bios, indig­na­dos dian­te de que hou­be­ra quen con­ti­nua­ra a berrar pro­cla­mas anti-cle­ri­cais fora do seu cor­dón poli­cial, car­gou con bru­ta­li­da­de xa na Por­ta Faxei­ra. As car­gas con­ti­nua­ron des­de este pri­mei­ro pon­to até a Pra­za de Gali­za, e logo máis adian­te na rúa de San Pedro, ou nou­tros pon­tos da cida­de. Fur­góns poli­ciais ás pre­sas dun lado para outro: unha cida­de máis que sitia­da e vio­len­ta­da.

Un dos nosos com­pa­ñei­ros de Gali­za Con­tra­in­fo, que se encon­tra­ba cubrin­do esta mobi­li­za­ción, foi sina­la­do polos «anti­dis­tur­bios» e ao pasar a Pra­za de Gali­za foi empu­ra­do a unha rue­la sen saí­da, onde entre tres poli­cias lle bate­ron, nas per­nas e na cama­ra, rema­tan­do cun «yo a ti te veo en todas».

Que­re­mos des­de Gali­za Con­tra­in­fo somar­nos ás denun­cias que des­de a Rede Femi­nis­ta Gale­ga, des­de a ini­cia­ti­va Eu non te espe­ro, rea­li­zan nes­tes dias do con­trol poli­cial, do abu­so de poder e da fal­ta de liber­da­de de expre­sión que hai no noso país, pola visi­ta de Bene­dic­to XVI, e non só.

E ain­da que nos sina­len, nos con­ti­núen a mul­tar, ou mes­mo este­xan far­tos de «ver­nos en todas» con­ti­nua­re­mos a gra­var, foto­gra­fiar e dar con­ta do que eles que­ren calar.

Dei­xa­mos aqui tamén unha repor­ta­xe foto­grá­fi­ca das ban­dei­ras e o ambien­te de rexei­ta­men­to a Ratzin­ger da cida­de de Com­pos­te­la, e un dos man­ca­dos pola Poli­cia nes­tas car­gas, aqui.

http://galizacontrainfo.org/manifesta%C3%A7om-de-recha%C3%A7o-%C3%A0-visita-do-papa-eu-nom-te-espero-viol%C3%AAncia-policial-vs-liberdade-de-express

Gali­za Con­tra­in­fo

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *