CIG con­vo­ca quin­ta-fei­ra em 7 cida­des gale­gas em soli­tá­rio, após rup­tu­ra com UGT e CCOO – Dia­rio Liber­da­de

Diá­rio Liber­da­de - A cen­tral nacio­na­lis­ta gale­ga CIG con­vo­ca mobi­li­zaçons nes­ta quin­ta con­tra as reduçons sala­riais impos­tas às empre­ga­das e empre­ga­dos públi­cos.

Pri­mí­cia do Diá­rio Liber­da­de

O Diá­rio Liber­da­de foi o pri­mei­ro meio a infor­mar des­ta con­vo­ca­tó­ria em soli­tá­rio, graças a fon­tes direc­tas da Execu­ti­va Nacio­nal da cen­tral nacio­na­lis­ta. A con­vo­ca­tó­ria inclui sete con­cen­traçons nas prin­ci­pais comar­cas urba­nas da Gali­za, após a rup­tu­ra de con­ver­sas com CCOO e UGT (as cen­trais espanho­las) para umha diná­mi­ca mobi­li­za­do­ra uni­tá­ria.

As mobi­li­zaçons que­rem con­tes­tar as medi­das antis­so­ciais do governo espanhol do PSOE, nomea­da­men­te a reduçom de salá­rios e os ata­ques ao empre­go e aos ser­viços públi­cos, incluí­dos no últi­mo paco­te apre­sen­ta­do polo execu­ti­vo de Zapa­te­ro.

Num comu­ni­ca­do, a CIG denun­cia que as outras cen­trais nom que­rem con­vo­car com ela, o que obri­ga­ria a CIG a rea­li­zar umha con­vo­ca­tó­ria em soli­tá­rio como a des­ta quin­ta-fei­ra, que terá con­ti­nui­da­de nas pró­xi­mas sema­nas com novas mobi­li­zaçons.

As seguin­tes con­vo­ca­tó­rias serám nos dias 2 e 8 de Junho, a pri­mei­ra nos cen­tros de tra­balho e a segun­da com umha gre­ve na funçom públi­ca.

As mobi­li­zaçons des­ta quin­ta, mar­ca­das todas elas para as 19 horas, som as que se seguem:

Com­pos­te­la: Praça do Tou­ral.

Corunha: Dele­gaçom do Governo espanhol.

Lugo: Sub­de­le­gaçom do Governo espanhol.

Ouren­se: Sub­de­le­gaçom de Governo espanhol.

Vigo: R/​do Prín­ci­pe.

Pon­te Vedra: Sub­de­le­gaçom do Governo espanhol.

Ferrol: Edi­fí­cio Admi­nis­tra­ti­vo da Jun­ta da Gali­za.

Repro­du­zi­mos a seguir o tex­to da con­vo­ca­tó­ria da CIG, em que expli­ca o acon­te­ci­do nas reunions de ontem com os outros sin­di­ca­tos maio­ri­tá­rios.

Mobi­lí­za­te con­tra as medi­das anti­so­ciais e inxus­tas anun­cia­das polo goberno!
En defen­sa dos sala­rios, do empre­go e dos ser­vi­zos públi­cos
Ante o anun­cio fei­to polo pre­si­den­te do goberno espa­ñol, Sr. Zapa­te­ro, de levar a cabo medi­das anti­so­ciais e rebai­xar nun 5% os sala­rios das empregadas/​os públi­cos, na CIG confir­ma­mos ‚unha vez máis, que esta era unha das medi­das que se ían apli­car no sec­tor públi­co para seguir coa cam­pa­ña ini­cia­da de pre­ca­ri­za­ción e des­pres­ti­xio do ser­vi­zos públi­cos, e a xus­tifi­ca­ción per­fec­ta para tomar medi­das cada día máis regre­si­vas no eido labo­ral.

Ante a gra­vi­da­de des­tes fei­tos, des­de a CIG, unha vez que tive­mos coñe­ce­men­to dis­to, con­vo­ca­mos a todas as orga­ni­za­ción sin­di­cais para que en pé de igual­da­de ela­bo­rá­se­mos un calen­da­rio de mobi­li­za­cións co obxec­ti­vo de parar as medi­das impul­sa­das polo goberno espa­ñol.

As orga­ni­za­ción sin­di­cais CCOO, UGT e CSIF non asis­ti­ron a reu­nión fei­ta pola CIG, con­vo­cán­do­nos, con pos­te­rio­ri­da­de, a unha reu­nión que, a pesa­res de eles non ter asis­ti­do a nosa, acu­di­mos a ela.

O día 18 de maio, ás 16,30hs, ini­cia­se a reu­nión das orga­ni­za­ción sin­di­cais , des­de a CIG, e sen­do respectuosas/​os co calen­da­rio de mobi­li­za­cións que eles tiñan con­vo­ca­dos en todo o Esta­do Espa­ñol, malia non ter con­ta­do con nos para nada, pro­po­ñé­mos­lle ampliar esta calen­da­rio, dan­do par­ti­ci­pa­ción nas mobi­li­za­cións as/​os traballadoras/​es , e que o calen­da­rio de mobi­li­za­cións non se con­ver­te­ra , unha vez máis, en medi­das cara a gale­ría
para lavar a súa ima­xe.

Des­pois de trans­co­rri­das 3 horas de reu­nión aca­da­mos un acor­do de calen­da­rio, onde a CIG en aras á uni­da­de sin­di­cal dei­xa­mos para unha pos­te­rior reu­nión o res­to de mobi­li­za­cións, que cre­mos debe­mos levar a cabo para parar a medi­das do goberno. O calen­da­rio pac­ta­do con­ti­ña as seguin­tes medi­das:

- Con­cen­tra­cións, ás 7 da tar­de, o día 20 de maio nas sete cida­des gale­gas cha­man­do á par­ti­ci­pa­ción das/​os tra­ba­lla­do­ras.

- Anun­cio da con­vo­ca­to­ria de fol­ga o día 8 de xuño.

- Comu­ni­ca­do con­xun­ta das orga­ni­za­ción sin­di­cais con­vo­can­tes anun­cian­do as mobi­li­za­cións acor­da­das.

- Man­ter unha pró­xi­ma reu­nión o día 24 de maio,ás 16hs , xa que o día 20 de maio está con­vo­ca­da a Mesa Xeral da Fun­ción Públi­ca en Madrid. Este día coñe­ce­re­mos o alcan­ce das medi­das.

Como CIG insis­ti­mos peran­te as orga­ni­za­ción sin­di­cais que se o día 20 o goberno man­tén as medi­das anun­cia das debe­ría­mos recru­de­cer as mobi­li­za­cións, facen­do un calen­da­rio con­xun­to.

Ás 9 da noi­te, e trans­co­rri­das máis de 4,30hs de reu­nión, as orga­ni­za­ción sin­di­cais CCOO, CSIF e UGT, comu­ní­can­nos que non que­ren man­ter a uni­da­de sin­di­cal coa CIG, que se des­dín do acor­da­do entre todas as orga­ni­za­ción e que eles van seguir co seu calen­da­rio.

Ante esta situa­ción como CIG lles trans­mi­ti­mos que ante todo e entre per­soas adul­tas hai que ter un míni­mo de decen­cia e de ver­go­ña. Se a súa inten­ción e non pac­tar un calen­da­rio coa CIG, podía­no­lo dicir antes.

A valo­ra­ción que face­mos dis­to é:

A CIG nes­te momen­to é una orga­ni­za­ción sin­di­cal inco­mo­da para CCOO, UGT e CSIF. xa que o úni­co que pre­ten­den é dar una ima­xe cara as/​os traballadoras/​es de que van a con­vo­car mobi­li­za­cións para parar as medi­das do goberno, men­tres os seu diri­xen­tes pac­tan en Madrid co goberno as devan­di­tas medi­das. Lamen­ta­mos que non esti­ve­ran dis­pos­tos a acep­tar a uni­da­de sin­di­cal para para­li­zar as medi­das do goberno e enca­mi­ñar as mobi­li­za­cións cara a unha con­vo­ca­to­ria dunha fol­ga xeral exten­si­va a todos os sec­to­res, dado o carác­ter regre­si­vo e anti­so­cial e non limi­tar­se uni­ca­men­te á área públi­ca.

Como poden xus­tifi­car CCOO e UGT a con­ti­nua­ción da mesa de «Diá­lo­go Social» men­tres a cla­se tra­ba­lla­do­ra está a reci­bir recor­tes gra­ví­si­mos e está anun­cian­do unha refor­ma labor­la que pro­vo­ca bara­tar o des­pe­di­men­to, flexi­bi­li­zar e pre­ca­ri­zar aín­da máis o mer­ca­do labo­ral?

Non abon­da, polo tan­to, a non ser que exclu­si­va­men­te se pre­ten­da cubrir o expe­dien­te­te, fixar só un día de fol­ga e non ter en pers­pec­ti­va a con­vo­ca­to­ria dunha fol­ga xeral, úni­ca
manei­ra de frear as polí­ti­cas neo­li­be­rais deseña­das polo goberno Zapa­te­ro para que os traballadores/​as pague­mos unha cri­se que non ori­xi­na­mos e cuxos cau­san­tes con­ti­núan acu­mu­lan­do rique­za e diri­xen a polí­ti­ca eco­nó­mi­ca dos esta­dos, é dicir, o capi­tal finan­ciei­ro espe­cu­la­ti­vo dun neo­li­be­ra­lis­mo extre­mo. Se non para­mos isto non só rebai­xa­rán os nosos sala­rios, des­apa­re­ce­rá o empre­go públi­co e os ser­vi­zo públi­cos con­ti­nua­rán dete­rrio­rán­do­se, senón que será o pre­lu­dio de recor­tes labo­rais a todos/​as traballadores/​as e de maio­res recor­tes sociais.

Nes­te momen­to as/​os traballadoras/​es públi­cos somos a moe­da de cam­bio de CCOO, UGT e CSIF para con­que­rir do goberno medi­das que non sabe­mos a que van a benefi­ciar.

A CIG segui­rá adian­te co seu calen­da­rio de mobi­li­za­cións, infor­man­do pun­tual­men­te a toas/​os das medi­das que pre­ten­de adop­tar o goberno, ase mes­mo infor­ma­re­mos do que acon­te­ce na Mesa Xeral da Fun­ción Públi­ca en Madrid, con­vo­ca­da para o día 20, para que todo o per­soal coa infor­ma­ción sufi­cien­te poi­da tomar as súas deci­sións.

Non te dei­xes enga­nar por quen una vez máis ante­pón os seu intere­se aos intere­se das traballadoras/​es. Que estra­ños intere­ses teñen para que a pre­sen­za
da CIG lles moles­te tan­to.

Mobi­lí­za­te con­tra as medi­das anti­so­ciais e inxus­tas anun­cia­das polo goberno!

En defen­sa dos sala­rios, do empre­go e dos ser­vi­zos públi­cos

- Día 20 de maio ás 19 h, con­cen­tra­cións nas sete cida­des:

- Con­cen­tra­ción dian­te da Dele­ga­ción do Goberno (A Coru­ña) o día que se deba­ta nas Cor­tes o decre­to lei.

- Día 2 de xuño, con­cen­tra­cións dian­te de dife­ren­tes cen­tros de tra­ba­llo.

- Día 8 de xuño, fol­ga e mani­fes­ta­ción en toda a área públi­ca

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *