5 anos cara adian­te: acto polí­ti­co e fes­ta por Adiante

Alá van 5 anos, ou 60 meses, ou 260 sema­nas, des­de a
cons­ti­tu­ción for­mal de ADIANTE. Duran­te estes cin­co anos
de acti­vi­da­de da nosa Orga­ni­za­ción esti­ve­mos, sobre todo,
a afor­ta­lar unha estru­tu­ra está­bel, nun cons­tan­te proceso
dia­léc­ti­co, de cara a sen­tar as bases dunha Organización
máis for­te e diná­mi­ca no futu­ro. Tamén participamos
acti­va­men­te nou­tras fron­tes da loi­ta den­tro de colec­ti­vos e
orga­ni­za­cións como a cul­tu­ral Redes Escar­la­ta, a sindical
Cen­tral Uni­ta­ria de Tra­ba­lla­do­res e Tra­ba­lla­do­ras de Galiza
(CUT), a estu­dan­til Gru­po Revo­lu­cio­na­rio de Estudantes
Inde­pen­den­tis­tas (GREI), a Mesa pola Normalización
Lin­güís­ti­ca (MNL), as veci­ñais dos Foros Sociais ou a
femi­nis­ta Mar­cha Mun­dial das Mulle­res (MMM), levan­do de
fron­te, den­tro delas, a nosa pos­tu­ra independentista,
revo­lu­cio­na­ria e de cla­se. Cin­co anos cara adian­te. E moitos
máis que virán, por moi­to que inco­mo­de a tan­tos. Iso é
bo.

Mais real­men­te a tra­xec­to­ria de ADIANTE vén de antes. E
non só por­que as mozas e mozos que cons­ti­tuí­ron a nosa
Orga­ni­za­ción leva­sen sobre as súas cos­tas unha longa
expe­rien­cia no acti­vis­mo xuve­nil, estu­dan­til, sin­di­cal e
aso­cia­ti­vo, senón por­que o abro­llo de ADIANTE vén da
vés­pe­ra do Día da Patria de 2003, can­do un gru­po de
per­soas, con mili­tan­cia polí­ti­ca ou sen ela, come­za­ron a
se reu­nir en asem­bleas aber­tas para deba­ter sobre como
enca­mi­ñar orga­ni­za­ti­va­men­te todas as súas inquedanzas.

Unhas inque­dan­zas que pro­vi­ñan da loi­ta con­tra a LOU e o
Infor­me Bri­call, con­tra as gue­rras impe­ria­lis­tas con­tra os
pobos de Irak ou Afga­nis­tán, das fol­gas xerais de 2000 e
2001, da opo­si­ción fron­tal á fas­cis­ta Lei de Partidos,
das loi­tas polo desas­tre nacio­nal do Pres­ti­ge. E moitas
máis.

Todas estas inque­dan­zas, todas estas mans e cabezas,
con­flúen o 9 de Outu­bro de 2004 en Com­pos­te­la, onde co
lema O futu­ro é noso! se cele­bra a Asem­blea Nacional
Cons­ti­tuín­te de ADIANTE (MRG).

Os pri­mei­ros pasos de ADIANTE (MRG) foron moi acti­vos, sobre
todo nos eidos do inter­na­cio­na­lis­mo, do femi­nis­mo e da loita
obrei­ra. Den­de cedo, a nosa orga­ni­za­ción é recoñecida
e con­ta con voz pro­pia en foros como as Bases Democráticas
Gale­gas ou a Pla­ta­for­ma con­tra a Cons­ti­tu­ción europea.
Este reco­ñe­ce­men­to tamén atin­xe ao eido internacional
con encon­tros co inde­pen­de­tis­mo xuve­nil de paí­ses como
Eus­kal Herria ou os Paï­sos Cata­láns, e coa pre­sen­za de
ADIANTE (MRG) en cali­da­de de dele­ga­ción gale­ga en citas
como a Tro­ba­da Inter­na­cio­na­lis­ta de Qua­tre­ton­da (PPCC), o
Fes­ti­val de Villa­lar ou o Fes­ti­val de apoio a Cuba e
Vene­zue­la en Sala­man­ca (Cas­te­la).

Tam­pou­co tar­da moi­to ADIANTE en apa­re­cer nas lis­tas negras
dos apa­re­llos repre­si­vos do Esta­do, poñén­do­nos, sobre
todo a Gar­da Civil, no seu pun­to de mira xun­to con outras
orga­ni­za­cións polí­ti­cas, xuve­nís, sin­di­cais ou
estu­dan­tís da esquer­da inde­pen­den­tis­ta. A nosa resposta:
seguir a loita.

Un ano des­pois da nosa fun­da­ción apa­re­ce o noso voceiro
nacio­nal, a revis­ta EMBATE. Cunha perio­di­ci­da­de trimestral,
pou­cas veces alte­ra­da, a revis­ta pron­to se con­ver­te nun
refe­ren­te da pren­sa xuve­nil inde­pen­den­tis­ta gale­ga, con
repor­ta­xes de actua­li­da­de, entre­vis­tas inter­na­cio­nais e
arti­gos de opi­nión de gran­de calidade.

Aín­da así, no ecua­dor des­te lus­tro de loi­ta, ADIANTE
(MRG) sofre unha cri­se. E é que con case tres anos de
tra­xec­to­ria, a mili­tan­cia de ADIANTE (MRG) non consegue
bai­xar a media de ida­de, as comar­cas orga­ni­za­das seguen a
ser as mes­mas, pér­de­se mili­tan­cia na Terra por mor da
emi­gra­ción por tra­ba­llo e/​ou estu­dos, márcanse
obxec­ti­vos dema­sia­do ele­va­dos e as espec­ta­ti­vas iniciais
ven­se defraudadas.

É así que, coa negra som­bra da autodisolución
sobre­voan­do as nosas estru­tu­ras, ADIANTE (MRG) vese na
obri­ga de cele­brar o seu segun­do Ple­na­rio Nacio­nal para dar
un novo pulo á orga­ni­za­ción xuve­nil. A I Conferencia
Nacio­nal de ADIANTE (MRG) celé­bra­se en Can­gas do Morrazo
en Novem­bro de 2007 co lema Un novo rumbo.

Nes­te ple­na­rio, cór­tan­se de raíz as tentacións
liqui­da­cio­nis­tas, fai­se a nece­sa­ria autocrítica,
pro­cú­ran­se solu­cións a cur­to e medio pra­zo e
afián­zan­se os lazos co par­ti­do comu­nis­ta e independentista
gale­go, lan­zan­do á Fren­te Popu­lar Gale­ga unha pro­pos­ta de
Con­ve­nio de Libre Vinculación.

Pou­co a pou­co, os resul­ta­dos van che­gan­do e ADIANTE (MRG)
con­se­gue ir des­pe­gan­do de novo. Maior pre­sen­za na rúa,
máis modes­tia nos obxec­ti­vos, con­tac­to con­ti­nuo coas bases
sim­pa­ti­zan­tes, ori­xi­na­li­da­de na pro­pa­gan­da… son algunhas
das recei­tas apli­ca­das tras o vital segun­do Plenario.

ADIANTE (MRG) aumen­ta a súa mili­tan­cia e rebai­xa a media
de ida­de da mes­ma, vol­ve a ter tra­ba­llo acti­vo sec­to­rial e
refe­ren­cia­li­da­de internacional.

A media­dos de 2008, ADIANTE (MRG) xa está medianamente
con­so­li­da­da e deci­de con­vo­car o seu ter­cei­ro Plenario
Nacio­nal. Tras uns meses pre­pa­ran­do os tex­tos de deba­te, o
20 de decem­bro ADIANTE (MRG) cele­bra a súa II Asembea
Nacio­nal en Can­gas do Morra­zo co lema A moci­da­de comunista
pola inde­pen­den­cia de Gali­za. Nes­te novo ple­na­rio decídese
un novo pro­gra­ma tác­ti­co, adóp­ta­se o marxismo-leninismo
como facho prin­ci­pal do noso accio­nar, renó­va­se a
direc­ción da orga­ni­za­ción e cul­mí­na­se a fusión de
ADIANTE (MRG) co Gru­po Revo­lu­cio­na­rio de Estudantes
Inde­pen­den­tis­tas, dan­do lugar a ADIANTE, a secas, como
orga­ni­za­ción que uni­fi­ca o tra­ba­llo xuve­nil, estu­dan­til e
obrei­ro dun xei­to global.

No ano 2009, alén de apoiar as cam­pa­ñas elec­to­rais da
FPG e Ini­cia­ti­va Inter­na­cio­na­lis­ta, pres­ta­mos máis
aten­ción á for­ma­ción inter­na e ao deba­te. Duran­te o
pró­xi­mo 2010 adi­ca­ré­mo­nos mais á pro­pa­gan­da e á
expan­sión orga­ni­za­ti­va des­en­vol­ven­do a nosa nova campaña
nacio­nal. En pró­xi­mos meses o noso obxec­ti­vo será
orga­ni­zar a máis mozas e mozos, che­gar a novos luga­res e
dina­mi­zar máis sec­to­res, co obxec­ti­vo fun­da­men­tal de dotar
á moci­da­de gale­ga dun futu­ro de liber­da­de e democracia,
así como for­mar revolucionarias/​os para a loi­ta pola
inde­pen­den­cia. Non esque­ce­mos as ver­bas de Mao “Como
xul­gar se un/​ha moza/​o é revolucionaria/​o? Como
dis­cer­ni­lo? Só hai un cri­te­rio: se está dis­pos­to a se
fun­dir, e se fun­de na prác­ti­ca, coas gran­des masas
obrei­ras e labre­gas. É [email protected] se o que­re facer e o
fai; dou­tro xei­to é non-revo­lu­cio­na­ria/o ou
contrarrevolucionaria/​o”.

É así que ADIANTE che­ga aos seus cin­co anos de
tra­xec­to­ria. Cin­co anos de resis­ten­cia e ofen­si­va xuvenil
con­tra a nosa exis­ten­cia colo­nial, con­tra o sis­te­ma da
des­igual­da­de social. Cin­co anos que ADIANTE cele­bra­rá o
vin­dei­ro sába­do 19 de Decem­bro na cida­de de Com­pos­te­la, no
Res­tau­ran­te Tria­cas­te­la (Rúa Tria­cas­te­la, Ave­ni­da de Lugo)
a par­ti­res das 20:00 horas cun acto polí­ti­co segui­do dunha
cea de con­fra­ter­ni­za­ción e dunha folia­da popular.

O acto polí­ti­co dará ini­cio ás 20:00 horas da noi­te no
mes­mo Tria­cas­te­la coas inter­ven­cións de Mariano Abalo
(Secre­ta­rio Xeral da FPG), Ricar­do Cas­tro (Secre­ta­rio Xeral
da CUT) e un/​ha repre­sen­tan­te de ADIANTE. De segui­do, unha
cea-con­vi­vio que reagru­pa­rá á mili­tan­cia de ADIANTE,
com­pa­ñei­ros e com­pa­ñei­ras da FPG, das Redes Escar­la­ta e
da CUT, ex-mili­tan­tes de ADIANTE, colaboradores,
cola­bo­ra­do­ras e unha chea de ami­gos e amigas.

Un pequeno día de fes­ta para ini­ciar­mos moi­tos máis
días de loita.

Viva ADIANTE e o inde­pen­den­tis­mo de clase!!

Adian­te

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *