A CIG con­vo­ca umha nova Gre­ve Geral na Gali­za para junho

090511 mural cig greve geral galega 2011Gali­za – CIG – Fai um cha­ma­men­to às orga­ni­zaçons sin­di­cais a fazer a con­vo­ca­tó­ria de for­ma con­jun­ta e aler­ta que, “ou con­ti­nua­mos com esta res­pos­ta social ou nom temos saí­da nengumha”.


Á Execu­ti­va Con­fe­de­ral da CIG acor­dou, na súa xun­tan­za do pasa­do ven­res, pro­mo­ver unha nova con­vo­ca­to­ria de gre­ve xeral para a pri­mei­ra quin­ce­na de xuño. Así o anun­ciou o secre­ta­rio xeral, Suso Sei­xo, esta mañá en rol­da de pren­sa, con­si­de­ran­do que esta­mos nun momen­to “deter­mi­nan­te” por mor das “inxus­tas polí­ti­cas” que está impo­ñen­do o Par­ti­do Popu­lar, con recor­tes en Edu­ca­ción, recor­tes en Ensino e a impo­si­ción dunha refor­ma labo­ral que lon­xe de pro­mo­ver a crea­ción de empre­go, bus­ca pre­ca­ri­zar as con­di­cións labo­rais e que, polo tan­to, debe ser retirada.

O secre­ta­rio xeral da CIG expli­cou que ante a acti­tu­de que está man­ten­do o Par­ti­do Popu­lar, de “abso­lu­to des­pre­zo” ás deman­das das miles e miles de per­soas que par­ti­ci­pa­ron na gre­ve xeral e nas masi­vas mobi­li­za­cións con­vo­ca­das o pasa­do 29 de mar­zo e ante os gra­ves recor­tes que está a pór en mar­cha o goberno e que afec­tan fun­da­men­tal­men­te á Sani­da­de e o Ensino públi­cos, “as orga­ni­za­cións sin­di­cais tiña­mos que estar con­vo­can­do outra gre­ve xeral”.

Por iso anun­ciou que a CIG pora­se en con­tac­to coas orga­ni­za­cións sin­di­cais bas­cas e con CCOO e UGT, fun­da­men­tal­men­te, para pro­mo­ver unha nova con­vo­ca­to­ria para a pri­mei­ra quin­ce­na de xuño na que, expli­cou, “é fun­da­men­tal que estea­mos todos”, para garan­tir un segui­men­to tan masi­vo ou maior ao que se deu o 29 de marzo.

Para o secre­ta­rio xeral da CIG, os sis­te­má­ti­cos incum­pri­men­to dos com­pro­mi­sos adqui­ri­dos polo PP duran­te a cam­pa­ña debe­rían levar a “cues­tio­nar se o goberno pode con­ti­nuar ou hai que exixir a súa dimi­sión e a con­vo­ca­to­ria de elec­cións para eli­xir novos repre­sen­tan­tes que gober­nen en fun­ción dos intere­ses da poboa­ción e non en fun­ción dos intere­ses da banca”.

Pri­mei­ro de Maio

As pri­mei­ras mobi­li­za­cións antes desa con­vo­ca­to­ria son as do Pri­mei­ro de Maio, bai­xo os lemas “Por empre­go digno, non á refor­ma labo­ral do PP” e “En defen­sa do ensino e da sani­da­de públicos”.

Co pri­mei­ro lema mani­fés­ta­se nova­men­te o rexei­ta­men­to á refor­ma labo­ral, que non supón a crea­ción de empre­go e que uni­ca­men­te per­se­gue unha redu­ción dos sala­rios entre o 20 e o 25%, pola vía de “des­re­gu­lar, indi­vi­dua­li­zar e pre­ca­ri­zar as con­di­cións de tra­ba­llo”. Nes­te sen­ti­do, o secre­ta­rio xeral da CIG afir­mou que a refor­ma “non crea empre­go, o que fai é subs­ti­tuír, no mellor dos casos, empre­go fixo por empre­go precario”.

Res­pec­to do segun­do lema, a cen­tral sin­di­cal pre­ten­de denun­ciar a polí­ti­ca de recor­tes en ser­vi­zos públi­cos bási­cos e os ata­ques ao ensino e á sani­da­de públi­cos. “O incre­men­to de alum­nos por aula ‑30 en infan­til e 36 en secundaria‑, vai empeo­rar a cali­da­de do ensino e des­truír da orde de 2.000 postos de tra­ba­llo, que se suman aos 2.500 xa des­truí­dos des­de 2009”, dixo. “Fron­te a isto, non se toca nos con­cer­tos edu­ca­ti­vos”, denunciou.

Can­to á sani­da­de, denun­ciou a medi­da de copa­go far­ma­céu­ti­co que vén de impor o PP, que “pre­xu­di­ca aos máis des­fa­vo­re­ci­dos, sobre todo aos pen­sio­nis­tas, e ás per­soas asa­la­ria­das”, afir­mou, “en lugar de bus­car unha boa xes­tión dos recursos”.

Xun­to a isto, adver­tiu da “incóg­ni­ta” res­pec­to do que vai pasar cos ser­vi­zos sani­ta­rios bási­cos e se se ter­mi­na­rá pagan­do ou non pola aten­ción sani­ta­ria. Denun­ciou que o esta­do espa­ñol gas­ta un 6,5 % do PIB en saú­de, por debai­xo da media euro­pea, e afir­mou que “debe­ría de falar­se de incre­men­tar o gas­to, no can­to de falar de recortes”.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *