A CIG con­vo­ca umha nova Gre­ve Geral na Gali­za para junho

090511 mural cig greve geral galega 2011Gali­za – CIG – Fai um cha­ma­men­to às orga­ni­zaçons sin­di­cais a fazer a con­vo­ca­tó­ria de for­ma con­jun­ta e aler­ta que, “ou con­ti­nua­mos com esta res­pos­ta social ou nom temos saí­da nen­gumha”.


Á Execu­ti­va Con­fe­de­ral da CIG acor­dou, na súa xun­tan­za do pasa­do ven­res, pro­mo­ver unha nova con­vo­ca­to­ria de gre­ve xeral para a pri­mei­ra quin­ce­na de xuño. Así o anun­ciou o secre­ta­rio xeral, Suso Sei­xo, esta mañá en rol­da de pren­sa, con­si­de­ran­do que esta­mos nun momen­to “deter­mi­nan­te” por mor das “inxus­tas polí­ti­cas” que está impo­ñen­do o Par­ti­do Popu­lar, con recor­tes en Edu­ca­ción, recor­tes en Ensino e a impo­si­ción dunha refor­ma labo­ral que lon­xe de pro­mo­ver a crea­ción de empre­go, bus­ca pre­ca­ri­zar as con­di­cións labo­rais e que, polo tan­to, debe ser reti­ra­da.

O secre­ta­rio xeral da CIG expli­cou que ante a acti­tu­de que está man­ten­do o Par­ti­do Popu­lar, de “abso­lu­to des­pre­zo” ás deman­das das miles e miles de per­soas que par­ti­ci­pa­ron na gre­ve xeral e nas masi­vas mobi­li­za­cións con­vo­ca­das o pasa­do 29 de mar­zo e ante os gra­ves recor­tes que está a pór en mar­cha o goberno e que afec­tan fun­da­men­tal­men­te á Sani­da­de e o Ensino públi­cos, “as orga­ni­za­cións sin­di­cais tiña­mos que estar con­vo­can­do outra gre­ve xeral”.

Por iso anun­ciou que a CIG pora­se en con­tac­to coas orga­ni­za­cións sin­di­cais bas­cas e con CCOO e UGT, fun­da­men­tal­men­te, para pro­mo­ver unha nova con­vo­ca­to­ria para a pri­mei­ra quin­ce­na de xuño na que, expli­cou, “é fun­da­men­tal que estea­mos todos”, para garan­tir un segui­men­to tan masi­vo ou maior ao que se deu o 29 de mar­zo.

Para o secre­ta­rio xeral da CIG, os sis­te­má­ti­cos incum­pri­men­to dos com­pro­mi­sos adqui­ri­dos polo PP duran­te a cam­pa­ña debe­rían levar a “cues­tio­nar se o goberno pode con­ti­nuar ou hai que exixir a súa dimi­sión e a con­vo­ca­to­ria de elec­cións para eli­xir novos repre­sen­tan­tes que gober­nen en fun­ción dos intere­ses da poboa­ción e non en fun­ción dos intere­ses da ban­ca”.

Pri­mei­ro de Maio

As pri­mei­ras mobi­li­za­cións antes desa con­vo­ca­to­ria son as do Pri­mei­ro de Maio, bai­xo os lemas “Por empre­go digno, non á refor­ma labo­ral do PP” e “En defen­sa do ensino e da sani­da­de públi­cos”.

Co pri­mei­ro lema mani­fés­ta­se nova­men­te o rexei­ta­men­to á refor­ma labo­ral, que non supón a crea­ción de empre­go e que uni­ca­men­te per­se­gue unha redu­ción dos sala­rios entre o 20 e o 25%, pola vía de “des­re­gu­lar, indi­vi­dua­li­zar e pre­ca­ri­zar as con­di­cións de tra­ba­llo”. Nes­te sen­ti­do, o secre­ta­rio xeral da CIG afir­mou que a refor­ma “non crea empre­go, o que fai é subs­ti­tuír, no mellor dos casos, empre­go fixo por empre­go pre­ca­rio”.

Res­pec­to do segun­do lema, a cen­tral sin­di­cal pre­ten­de denun­ciar a polí­ti­ca de recor­tes en ser­vi­zos públi­cos bási­cos e os ata­ques ao ensino e á sani­da­de públi­cos. “O incre­men­to de alum­nos por aula ‑30 en infan­til e 36 en secundaria‑, vai empeo­rar a cali­da­de do ensino e des­truír da orde de 2.000 postos de tra­ba­llo, que se suman aos 2.500 xa des­truí­dos des­de 2009”, dixo. “Fron­te a isto, non se toca nos con­cer­tos edu­ca­ti­vos”, denun­ciou.

Can­to á sani­da­de, denun­ciou a medi­da de copa­go far­ma­céu­ti­co que vén de impor o PP, que “pre­xu­di­ca aos máis des­fa­vo­re­ci­dos, sobre todo aos pen­sio­nis­tas, e ás per­soas asa­la­ria­das”, afir­mou, “en lugar de bus­car unha boa xes­tión dos recur­sos”.

Xun­to a isto, adver­tiu da “incóg­ni­ta” res­pec­to do que vai pasar cos ser­vi­zos sani­ta­rios bási­cos e se se ter­mi­na­rá pagan­do ou non pola aten­ción sani­ta­ria. Denun­ciou que o esta­do espa­ñol gas­ta un 6,5 % do PIB en saú­de, por debai­xo da media euro­pea, e afir­mou que “debe­ría de falar­se de incre­men­tar o gas­to, no can­to de falar de recor­tes”.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *