Tre­ce orga­ni­za­cións nacio­nais cha­man a par­ti­ci­par na mani­fes­ta­ción de Cau­sa Galiza

Repre­sen­tan­tes de tre­ce orga­ni­za­cións sobe­ra­nis­tas xun­tá­ron­se esta mañá na Pra­za de San Mar­ti­ño Pina­rio da capi­tal gale­ga para mos­trar o seu apoio á mani­fes­ta­ción con­vo­ca­da por Cau­sa Gali­za para este 25 de xullo, que sai­rá ás 12:30 da Ala­me­da de Com­pos­te­la. As enti­da­des, asi­nan­tes do Acor­do Demo­crá­ti­co Nacio­nal (ADN) pre­sen­ta­do o pasa­do 18 de decem­bro en Pon­te­ve­dra, des­ta­ca­ron nun mani­fes­to a nece­si­da­de de “cons­truír un pro­ce­so de acu­mu­la­ción de for­zas polí­ti­cas, sin­di­cais e sociais nacio­na­lis­tas”, algo “impres­cin­dí­bel” no actual con­tex­to de crise.

Mem­bros de Adian­te, Assem­bleia da Moci­da­de Inde­pen­den­tis­ta, Ate­neu Pro­le­tá­rio Gale­go, Cei­var, Colec­ti­vo Nacio­na­lis­ta de Marín, Cen­tral Uni­ta­ria de Traballadores/​as, Espaço Irman­dinho, Fren­te Popu­lar Gale­ga, Fron­te Obrei­ra Gale­ga, Move­men­to pola Base, Par­ti­do Comu­nis­ta do Povo Gale­go, Redes Escar­la­ta e Siareir@s Galeg@s reu­ní­ron­se hoxe na com­pos­te­la­na Pra­za de San Mar­ti­ño Pina­rio para facer un cha­ma­men­to a par­ti­ci­par das acti­vi­da­des con­vo­ca­das por Cau­sa Gali­za, por quin­to ano con­se­cu­ti­vo para este Día da Patria.

Dian­te do mos­tei­ro que foi o últi­mo redu­to da Revo­lu­ción Gale­ga de 1846, Tino Lago, en repre­sen­ta­ción da Fron­te Obrei­ra Gale­ga, deu lec­tu­ra a un mani­fes­to no que os colec­ti­vos asis­ten­tes se reafir­ma­ron no com­pro­mi­so de cons­truír un novo esce­na­rio polí­ti­co en que o sobe­ra­nis­mo gale­go gañe refe­ren­cia­li­da­de polí­ti­ca, intro­du­ción social e lide­ra­do para con­di­cio­nar a situa­ción de Gali­za. Fron­te á vía esta­tu­ta­ria esgo­ta­da, as orga­ni­za­cións sobe­ra­nis­tas e inde­pen­den­tis­tas avo­ga­ron por “unha estra­te­xia rutu­ris­ta que faga fren­te con deci­sión e cla­ri­da­de á Espa­ña e ao domi­nio do Capital”.

En con­se­cuen­cia coa estra­te­xia “de quen asu­mi­mos que a rutu­ra co cadro cons­ti­tu­cio­nal espa­ñol é con­di­ción impres­cin­dí­bel para un futu­ro de demo­cra­cia e liber­da­de”, os asi­nan­tes do ADN fixe­ron un cha­ma­men­to á socie­da­de gale­ga “para par­ti­ci­par masi­va e acti­va­men­te” na mani­fes­ta­ción con­vo­ca­da por Cau­sa Gali­za para este 25 de xullo ás 12:30 na Ala­me­da de Compostela.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Twitter
Facebook
Telegram

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *