Vive­mos graças a Espanha? – Dia­rio Liber­da­de

- “E de que íamos viver?” A ideia de que Espanha é quem nos dá de comer…
Non sería a pri­mei­ra vez que unha per­soa ou becho se fai esta pre­gun­ta peran­te a posi­bi­li­da­de da inde­pen­den­cia da Gali­za. Inclu­si­ve eu mes­ma tiña só unha vaga idea do asun­to, por iso mes­mo tan­to eu como a miña curio­si­da­de deci­di­dí­mo­nos a pes­qui­sar un pou­co sobre o tema. O resul­ta­do é que os gale­gos non lle debe­mos nada a Espa­ña; é ela quen fica con case 23 dos impos­tos que paga­mos. Aquí que­da a pro­ba pra quen gos­te de saber:

Tal coma pude­mos ver Gali­za pro­du­ce 50% da lou­sa mun­dial, 80% da indus­tria con­ser­vei­ra do Esta­do, 65% do gra­ni­to, 62% do millo, 45’5 da madei­ra, 42% da cons­tru­ción naval , 41% do sei­xo, 40% do lei­te, 24% do pei­xe, 22% da pata­ca e 20% da elec­tri­ci­da­de reno­vá­bel.

En tro­ca, os sala­rios dos gale­gos son 14% máis bai­xos ca dos espa­ñois, 19% de nós vive por debai­xo da liña da pobre­za, temos 200.000 para­dos e en 20 anos des­apa­re­ce­ron 40.000 explo­ta­cións agra­rias e nos últi­mos 5 uns 700 bar­cos pes­quei­ros.

Eses son só algúns dos pro­du­tos que pro­du­ci­mos pero no sub­cons­cien­te segui­mos a pen­sar que somos un país pobre. De onde saca­mos tal idea? pois do mode­lo de finan­cia­men­to auto­nó­mi­co. Resu­min­do dunha for­ma sim­plis­ta pero cer­ta, a cues­tión é que den­de Madrid muxen a vaca e dal­gún modo fan­nos crer que aín­da lles debe­mos un favor por dar­nos o que a eles lles pare­za.

No Esta­do Espa­ñol hai dous mode­los de finan­cia­men­to: o Foral (Eus­ka­di e Nafa­rroa) e o de réxi­me común (que atin­xe ó res­to de nacións e rexións cos casos espe­ciais de Ceu­ta e Meli­lla). No caso do réxi­me común os car­tos que tan xen­til­men­te nos cede o Esta­do Espa­ñol (obsér­ve­se a per­ver­sión da lin­gua­xe uti­li­za­da), pro­ve­ñen prin­ci­pal­men­te de:

* 100% do que reca­de­mos dos cha­ma­dos «tri­bu­tos cedi­dos» como o Impos­to sobre 0 Patri­mo­nio (IP), Impos­to sobre Suce­sións e Doa­cións (ISD), Tri­bu­tos sobre o Xogo (TX), e Impos­to sobre Trans­mi­sións Patri­mo­niais e Actos Xurí­di­cos Docu­men­ta­dos (ITPAXD), amais de cer­ta mar­xe no Impos­to Espe­cial sobre Vehícu­los de Trac­ción Mecá­ni­ca (IEVTM) e do Impos­to sobre Ven­tas Mino­ris­tas de deter­mi­na­dos Hidro­car­bu­ros (IVMDH) .

* Somen­te unha par­te dos «impos­tos com­par­ti­dos». O «Esta­do» cede un tan­to % do reca­da­do en cer­tos impos­tos espe­ciais (alcohol, hidro­car­bu­ros, etc.) que divi­de en par­tes iguais e repar­te ente as Comu­ni­da­des.

* Por últi­mo está o Fon­do de Sufi­cien­cia polo que o «soli­da­rio» Esta­do Espa­ñol dá ás comu­ni­da­des «pobres» os car­tos que lles fal­tan para cubrir o cus­to das com­pe­ten­cias que lles foron trans­fe­ri­das nos seus per­ti­nen­tes esta­tu­tos (sani­da­de, edu­ca­ción, xus­ti­za, ser­vi­cios sociais, etc.) Estas comu­ni­da­des «gas­to» somos todas menos Madrid e Balea­res que alcan­zan a auto­sus­ten­tar­se por unha con­tía míni­ma. A expli­ca­ción bre­ve é que Madrid nos rou­ba a todos e Balea­res ten trans­fe­ri­do turis­mo ínte­gra­men­te. Pero, quen cona se vai crer que dous nos dan de comer a quin­ce?! Se fóra dalí cla­ma­ba pola inde­pen­den­cia mañá mes­mo!

* A Garan­tía Sani­ta­ria sería exac­ta­men­te o mes­mo que o Fun­do de Sufi­cien­cia pero des­ti­na­do exclu­si­va­men­te ó ambi­to da saú­de.

Des­ta for­ma callan en nós ideas como a da «Gali­za sub­ven­cio­na­da» e a da «soli­da­rie­da­de esta­tal» coas que se nos pre­ten­de colar que depen­de­mos deles pra sub­sis­tir por­que nós somos inca­pa­ces. É ese o obxec­to últi­mo des­te sis­te­ma, pro­bar que os gale­gos e as outras nacións e rexións do Esta­do non temos posi­bi­li­da­des fóra do seu man­to. En defi­ni­ti­va, as comu­ni­da­des pobres só pode­mos sobre­vi­vir gra­zas ás apor­ta­cións e soli­da­rie­da­de das ricas. Se face­mos caso á teo­ría de que es máis pobre a can­tos máis car­tos teñas que reci­bir do Fun­do de Sufi­cien­cia, Cata­lun­ya sería a 5ª comu­ni­da­de máis pobre do Esta­do des­pois de Anda­lu­cía, Cana­rias, Gali­za e Cas­te­la e León. A alguén lle cola?

Por que Madrid é tan rica e o res­to somos taaan pobres?

A cues­tión é que unha empre­sa tri­bu­ta onde ten a súa sé empre­sa­rial e por todos é sabi­do que a maio­ría das gran­des empre­sas pri­va­das, das empre­sas públi­cas, dos orga­nis­mos esta­tais «peri­fé­ri­cos», etc. están en Madrid. Des­te xei­to a Capi­tal das Espa­ñas léva­se os car­tos resul­tan­tes do impos­to de socie­da­des, do IVE, das reten­cións dos tra­ba­lla­do­res (aín­da que estes este­xan na Gali­za), das súas ope­ra­cións co exte­rior, etc. É dicir que aín­da que os recur­sos nolos fodan a nós, os car­tos que­dan pra eles (véxa­se o caso das tres gran­des eléc­tri­cas gale­gas, todas forá­neas). Por isto mes­mo dáse un exem­plo moi coñei­ro e é que o 100% do impos­to sobre o taba­co recá­dao Madrid, debe se que o res­to non fuma­mos. Outro caso moi sim­pá­ti­co é o das gran­des ase­gu­ra­do­ras náu­ti­cas como pode ser Bureau Veri­tas que tamén tri­bu­ta alí, será que ago­ra os bar­cos nave­gan polo Par­que do Reti­ro. Por outra par­te Alcam­po, Carre­four, Eros­ki, Mer­ca­do­na, El Cor­te Inglés, Lidl e Día aca­pa­ran o 70% do mer­ca­do da dis­tri­bu­ción de ali­men­tos no Esta­do Espa­ñol segun­do os datos da OCU pero nin­gunha ten a súa sé empre­sa­rial en Gali­za, nes­te caso en Eus­ka­di co sis­te­ma foral téñenno un pou­co mellor. Os exem­plos son infi­ni­tos, cus­ta ima­xi­nar can­tos car­tos per­de­mos en favor de Madrid.

Temos que facer fin­ca­pé en que no 2007 eran 5.147 as empre­sas que pro­du­cían en Gali­za pero que tiñan a súa sé fóra.Estas empre­sas con­ta­ban cun total de 136.367 tra­ba­lla­do­res e un núme­ro medio de tra­ba­lla­do­res moi supe­rior ás gale­gas. O sala­rio bru­to medio decla­ra­do por cada un dos asa­la­ria­dos foi de 24.346 euros, tamén moi supe­rior ó de aquí, e sobra dicir que as súas reten­cións van­se fóra.

Como nos min­ten?

Exis­ten dous infor­mes bási­cos:

* O Infor­me Anual de Reca­da­ción Tri­bu­ta­ria que tra­ba­lla en base a esti­ma­cións de reca­da­ción. Segun­do este infor­me Madrid tri­bu­ta­ría o 48% da tota­li­da­de da reca­da­ción fis­cal do Esta­do Espa­ñol, non o cren nin eles. Aín­da que este dato é nor­mal se aten­de­mos ó que expli­ca­ba antes sobre as sés empre­sa­riais e cer­tos impos­tos aso­cia­dos a elas.

* Xa que saben do estú­pi­do dese infor­me e nece­si­tan coñe­cer os datos reais recu­rren ó Infor­me de Liqui­da­ción que se coñe­ce dous anos des­pois de fina­li­za­do un cur­so fis­cal e tra­ba­lla con datos obxe­ti­vos. Este é o que ver­da­dei­ra­men­te nos intere­sa por­que nel si se inclúen tódo­los impos­tos que pesan sobre os gale­gos (excep­to o do IVE e os Impos­tos Espe­ciais), apor­tán­do­nos a reca­da­ción xeo­grá­fi­ca real.

A men­ti­ra: No 2008, segun­do o Infor­me Anual de Reca­da­ción, as dele­ga­ción gale­gas da Axen­cia Tri­bu­ta­ria embol­sá­ron­se 4.354 millóns de euros en Gali­za. O Esta­do esti­mou que o noso gas­to sería de 7.171 millóns de euros polo que eles, moi «soli­da­ria­men­te» terían que poñer o que fal­ta­ba recu­rrin­do ó Fun­do de Sufi­cien­cia.

O cer­to: Ago­ra co ano 2008 xa liqui­da­do pode­mos facer ben as con­tas. Resul­ta que Gali­za reca­da 3.890M€ pro­vin­tes dos tri­bu­tos cedi­dos, dos que falei máis arri­ba, máis 5.019M€ dos tri­bu­tos com­par­ti­dos; é dicir 8.910 M€. A isto hai que sumar­lles os 2.065M€ dou­tros impos­tos (sobre socie­da­des, pri­mas de segu­ros, de trá­fi­co exte­rior, de ren­das dos non resi­den­tes, etc.) cuxos datos non viñan incluí­dos no Infor­me de Reca­da­ción Tri­bu­ta­ria, polo que ó final os gale­gos apor­ta­mos 10.974,4M€ en total. Resul­ta que como vos adian­ta­ba no pri­mei­ro pará­gra­fo non nece­si­ta­mos do seu Fun­do de Sufi­cien­cia, son eles que­nes se que­dan con case 23 dos nosos impos­tos. Non é por repe­tir­me pero hai que des­ta­car que aí fal­tan, entre outras cou­sas, os car­tos das empre­sas que tri­bu­tan fóra e que serían nosos nun Esta­do Gale­go.

Tamén se nos inten­ta ven­de-la igual­da­de des­te sis­te­ma que pasa por alto a dife­ren­za de des­en­vol­ve­men­to entre unhas comu­ni­da­des e outras froi­to da falla de inver­sión ó lon­go da his­to­ria, «por­que esto es Afri­caaaa». Des­te modo pár­te­se da dis­ti­bu­ción simé­tri­ca (dan­nos a todos o mes­mo) para che­gar a unha supos­ta equi­da­de e que todos poi­da­mos ofre­cer a mes­ma cali­da­de de ser­vi­zos; can­do o seu sería par­tir da asi­me­tría (dar máis onde máis se nece­si­ta) e che­gar a esa «pre­ten­di­da» sime­tría final en tóda­las CCAA. Non é por­que sexa­mos uns esmo­lan­tes, é que nolo deben des­pois de sécu­los chu­pan­do do bote sen facer ape­nas inves­ti­men­tos no noso país.

Cader­nos e webs con­sul­ta­das: Caderno Sobe­ra­nía e sis­te­ma de Finan­cia­men­to , Caderno Liqui­da­ción do sis­te­ma de Finan­cia­men­to 2008 web do Minis­te­rio de Eco­no­mía e Facen­da Espa­ñol e web de Cau­sa Gali­za. Ima­xe vía A Reguei­fa blog.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *