Será que vai sobre­vi­ver algum meio de comu­ni­caçom em gale­go? – Dia­rio Liber­da­de

170810_peneira

Gali­cia Con­fi­den­cial – O empre­sa­rio d’A Penei­ra cul­pa a Xun­ta e mes­mo aos redac­to­res dos des­pe­di­men­tos, men­tres os asa­la­ria­dos, que mar­chan con 6 meses sen cobrar, cua­li­fi­can a súa acti­tu­de de «humi­llan­te».

A cri­se, a caí­da do bipar­ti­to e a fal­ta de apoio das ins­ti­tu­cións póden­se levar por dian­te a prác­ti­ca tota­li­da­de dos medios escri­tos en gale­go. Des­pois da des­apa­ri­ción dos dixi­tais Viei­ros e Chu­za! ago­ra é a A Penei­ra quen atra­ve­sa unha com­pli­ca­da situa­ción.
A CIG denun­ciou que o empre­sa­rio des­pe­diu aos seus tres redac­to­res tras telos tra­ba­llan­do seis meses sen cobrar. O mes­mo sufri­ron varios cola­bo­ra­do­res da cabe­cei­ra comar­cal. Os asa­la­ria­dos leva­ron os des­pe­di­men­tos ao xul­ga­do pois ao seu enten­der non son obxec­ti­vos. Os xor­na­lis­tas ase­gu­ran que a empre­sa con­tra­tou a novos infor­ma­do­res para os novos núme­ros. Os asa­la­ria­dos cua­li­fi­can de «lamen­tá­bel e humi­llan­te» a pos­tu­ra do seu empre­ga­dor.

Gui­ller­mo Rodrí­guez con­tes­tou ao comu­ni­ca­do sin­di­cal coa insó­li­ta estra­te­xia de ten­tar cul­par aos pro­pios redac­to­res, ale­gan­do que os tra­ba­lla­do­res nun­ca pedi­ron redu­cir os seus sol­dos, malia saber da mala situa­ción eco­nó­mi­ca da empre­sa. O empre­sa­rio ase­gu­ra que non con­tra­tou a nin­guén, senón que está a sacar os novos núme­ros co tra­ba­llo e os inves­ti­men­tos da súa fami­lia.

Rodrí­guez láia­se da caí­da da publi­ci­da­de co cam­bio de Goberno na Xun­ta e argu­men­ta que segue co pro­xec­to para cobrar as sub­ven­cións do Goberno para os medios 100% en gale­go, axu­das que o Execu­ti­vo redu­ciu este ano men­tres man­ti­vo os con­ve­nios a dedo para os gran­des medios prin­ci­pal­men­te en cas­te­lán.

A edi­ción xeral de Gali­cia da cabe­cei­ra en inter­net xa non fun­cio­na. De non lograr Rodrí­guez man­ter A Penei­ra, o pano­ra­ma de medios impre­sos de cer­ta difu­sión en toda Gali­cia redu­ci­ría­se ao Gali­cia Hoxe, pro­pie­da­de do Gru­po Correo Galle­go, de Luns a Ven­res, gra­tuí­to de El Pro­gre­so, e A Nosa Terra, pro­pie­da­de da cons­tru­to­ra San José, tamén edi­to­ra do bilin­güe Xor­nal de Gali­cia. A via­bi­li­da­de a cur­to pra­zo da his­tó­ri­ca ANT tamén se cues­tio­nou tras denun­ciar a CIG a «mala xes­tión» da empre­sa e os con­ti­nuos atra­sos no abono dos sala­rios.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *