Con­de­na­dos a ano e meio de cadea dous gre­vis­tas do metal – Dia­rio Liber­da­de



OViei­ros – xuíz tamén lles impón mul­tas por lesións e danos. Men­tres, xun­to con outros 11 acu­sa­dos, foron absol­tos do deli­to de des­or­de públi­ca.

O Xul­ga­do do Penal núme­ro 2 de Vigo con­de­nou a dous tra­ba­lla­do­res a ano e seis meses de cadea por un deli­to de aten­ta­do con­tra un poli­cía, duran­te a car­ga do 8 de maio de 2006, no con­tex­to da fol­ga do metal. Foi par­te da sen­ten­za no pro­ce­de­men­to segui­do con­tra 13 tra­ba­lla­do­res acu­sa­dos de des­or­de públi­ca no trans­cur­so daque­las mani­fes­ta­cións.

Ade­mais, no auto, o xuíz con­dé­naos por unha fal­ta de lesións a unha mul­ta de 240 euros e por un deli­to de danos a 2.920 euros e a 1.680 euros, res­pec­ti­va­men­te. Ade­mais, estes dous acu­sa­dos, ambos afi­lia­dos da CIG, terán que pagar cada un unha tre­cea­va par­te das cos­tas xudi­ciais. Dou­tra ban­da, un ter­cei­ro acu­sa­do, tra­ba­lla­dor non afi­lia­do a sin­di­ca­to nin­gún, debe­rá pagar outra mul­ta de 160 euros por unha fal­ta de danos e 330 euros por res­pon­sa­bi­li­da­de civil.

A sen­ten­za tamén absol­ve a estes tres tra­ba­lla­do­res e a outros 10 acu­sa­dos dun deli­to de des­or­de públi­ca, ao enten­der que o enfron­ta­men­to cos axen­tes, no que se lan­za­ron pedras a fur­góns, non tiña como fina­li­da­de rachar coa paz social e o xuíz enten­de que se pro­du­ci­ron no con­tex­to dunha car­ga poli­cial.

O res­pon­sá­bel de Nego­cia­ción Colec­ti­va da CIG, Anto­lín Alcán­ta­ra, anun­ciou que o sin­di­ca­to reco­rre­rá a sen­ten­za para que os tres acu­sa­dos que non que­da­ron absol­tos reci­ban o mes­mo tra­to que os seus com­pa­ñei­ros. Con­si­de­rou que a reso­lu­ción é «inxus­ta», por­que «non exis­ten pro­bas sufi­cien­tes que sus­ten­ten a con­de­na» e por­que se actuou de dife­ren­te xei­to con uns e outros acu­sa­dos: «só se con­de­na a un de cada gru­po, aín­da que todos actua­ron en con­xun­to», expli­cou.

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *