5 anos cara adian­te: acto polí­ti­co e fes­ta por Adian­te

Alá van 5 anos, ou 60 meses, ou 260 sema­nas, des­de a
cons­ti­tu­ción for­mal de ADIANTE. Duran­te estes cin­co anos
de acti­vi­da­de da nosa Orga­ni­za­ción esti­ve­mos, sobre todo,
a afor­ta­lar unha estru­tu­ra está­bel, nun cons­tan­te pro­ce­so
dia­léc­ti­co, de cara a sen­tar as bases dunha Orga­ni­za­ción
máis for­te e diná­mi­ca no futu­ro. Tamén par­ti­ci­pa­mos
acti­va­men­te nou­tras fron­tes da loi­ta den­tro de colec­ti­vos e
orga­ni­za­cións como a cul­tu­ral Redes Escar­la­ta, a sin­di­cal
Cen­tral Uni­ta­ria de Tra­ba­lla­do­res e Tra­ba­lla­do­ras de Gali­za
(CUT), a estu­dan­til Gru­po Revo­lu­cio­na­rio de Estu­dan­tes
Inde­pen­den­tis­tas (GREI), a Mesa pola Nor­ma­li­za­ción
Lin­güís­ti­ca (MNL), as veci­ñais dos Foros Sociais ou a
femi­nis­ta Mar­cha Mun­dial das Mulle­res (MMM), levan­do de
fron­te, den­tro delas, a nosa pos­tu­ra inde­pen­den­tis­ta,
revo­lu­cio­na­ria e de cla­se. Cin­co anos cara adian­te. E moi­tos
máis que virán, por moi­to que inco­mo­de a tan­tos. Iso é
bo.

Mais real­men­te a tra­xec­to­ria de ADIANTE vén de antes. E
non só por­que as mozas e mozos que cons­ti­tuí­ron a nosa
Orga­ni­za­ción leva­sen sobre as súas cos­tas unha lon­ga
expe­rien­cia no acti­vis­mo xuve­nil, estu­dan­til, sin­di­cal e
aso­cia­ti­vo, senón por­que o abro­llo de ADIANTE vén da
vés­pe­ra do Día da Patria de 2003, can­do un gru­po de
per­soas, con mili­tan­cia polí­ti­ca ou sen ela, come­za­ron a
se reu­nir en asem­bleas aber­tas para deba­ter sobre como
enca­mi­ñar orga­ni­za­ti­va­men­te todas as súas inque­dan­zas.

Unhas inque­dan­zas que pro­vi­ñan da loi­ta con­tra a LOU e o
Infor­me Bri­call, con­tra as gue­rras impe­ria­lis­tas con­tra os
pobos de Irak ou Afga­nis­tán, das fol­gas xerais de 2000 e
2001, da opo­si­ción fron­tal á fas­cis­ta Lei de Par­ti­dos,
das loi­tas polo desas­tre nacio­nal do Pres­ti­ge. E moi­tas
máis.

Todas estas inque­dan­zas, todas estas mans e cabe­zas,
con­flúen o 9 de Outu­bro de 2004 en Com­pos­te­la, onde co
lema O futu­ro é noso! se cele­bra a Asem­blea Nacio­nal
Cons­ti­tuín­te de ADIANTE (MRG).

Os pri­mei­ros pasos de ADIANTE (MRG) foron moi acti­vos, sobre
todo nos eidos do inter­na­cio­na­lis­mo, do femi­nis­mo e da loi­ta
obrei­ra. Den­de cedo, a nosa orga­ni­za­ción é reco­ñe­ci­da
e con­ta con voz pro­pia en foros como as Bases Demo­crá­ti­cas
Gale­gas ou a Pla­ta­for­ma con­tra a Cons­ti­tu­ción euro­pea.
Este reco­ñe­ce­men­to tamén atin­xe ao eido inter­na­cio­nal
con encon­tros co inde­pen­de­tis­mo xuve­nil de paí­ses como
Eus­kal Herria ou os Paï­sos Cata­láns, e coa pre­sen­za de
ADIANTE (MRG) en cali­da­de de dele­ga­ción gale­ga en citas
como a Tro­ba­da Inter­na­cio­na­lis­ta de Qua­tre­ton­da (PPCC), o
Fes­ti­val de Villa­lar ou o Fes­ti­val de apoio a Cuba e
Vene­zue­la en Sala­man­ca (Cas­te­la).

Tam­pou­co tar­da moi­to ADIANTE en apa­re­cer nas lis­tas negras
dos apa­re­llos repre­si­vos do Esta­do, poñén­do­nos, sobre
todo a Gar­da Civil, no seu pun­to de mira xun­to con outras
orga­ni­za­cións polí­ti­cas, xuve­nís, sin­di­cais ou
estu­dan­tís da esquer­da inde­pen­den­tis­ta. A nosa res­pos­ta:
seguir a loi­ta.

Un ano des­pois da nosa fun­da­ción apa­re­ce o noso vocei­ro
nacio­nal, a revis­ta EMBATE. Cunha perio­di­ci­da­de tri­mes­tral,
pou­cas veces alte­ra­da, a revis­ta pron­to se con­ver­te nun
refe­ren­te da pren­sa xuve­nil inde­pen­den­tis­ta gale­ga, con
repor­ta­xes de actua­li­da­de, entre­vis­tas inter­na­cio­nais e
arti­gos de opi­nión de gran­de cali­da­de.

Aín­da así, no ecua­dor des­te lus­tro de loi­ta, ADIANTE
(MRG) sofre unha cri­se. E é que con case tres anos de
tra­xec­to­ria, a mili­tan­cia de ADIANTE (MRG) non con­se­gue
bai­xar a media de ida­de, as comar­cas orga­ni­za­das seguen a
ser as mes­mas, pér­de­se mili­tan­cia na Terra por mor da
emi­gra­ción por tra­ba­llo e/​ou estu­dos, már­can­se
obxec­ti­vos dema­sia­do ele­va­dos e as espec­ta­ti­vas ini­ciais
ven­se defrau­da­das.

É así que, coa negra som­bra da auto­di­so­lu­ción
sobre­voan­do as nosas estru­tu­ras, ADIANTE (MRG) vese na
obri­ga de cele­brar o seu segun­do Ple­na­rio Nacio­nal para dar
un novo pulo á orga­ni­za­ción xuve­nil. A I Con­fe­ren­cia
Nacio­nal de ADIANTE (MRG) celé­bra­se en Can­gas do Morra­zo
en Novem­bro de 2007 co lema Un novo rum­bo.

Nes­te ple­na­rio, cór­tan­se de raíz as ten­ta­cións
liqui­da­cio­nis­tas, fai­se a nece­sa­ria auto­crí­ti­ca,
pro­cú­ran­se solu­cións a cur­to e medio pra­zo e
afián­zan­se os lazos co par­ti­do comu­nis­ta e inde­pen­den­tis­ta
gale­go, lan­zan­do á Fren­te Popu­lar Gale­ga unha pro­pos­ta de
Con­ve­nio de Libre Vin­cu­la­ción.

Pou­co a pou­co, os resul­ta­dos van che­gan­do e ADIANTE (MRG)
con­se­gue ir des­pe­gan­do de novo. Maior pre­sen­za na rúa,
máis modes­tia nos obxec­ti­vos, con­tac­to con­ti­nuo coas bases
sim­pa­ti­zan­tes, ori­xi­na­li­da­de na pro­pa­gan­da… son algunhas
das recei­tas apli­ca­das tras o vital segun­do Ple­na­rio.

ADIANTE (MRG) aumen­ta a súa mili­tan­cia e rebai­xa a media
de ida­de da mes­ma, vol­ve a ter tra­ba­llo acti­vo sec­to­rial e
refe­ren­cia­li­da­de inter­na­cio­nal.

A media­dos de 2008, ADIANTE (MRG) xa está media­na­men­te
con­so­li­da­da e deci­de con­vo­car o seu ter­cei­ro Ple­na­rio
Nacio­nal. Tras uns meses pre­pa­ran­do os tex­tos de deba­te, o
20 de decem­bro ADIANTE (MRG) cele­bra a súa II Asem­bea
Nacio­nal en Can­gas do Morra­zo co lema A moci­da­de comu­nis­ta
pola inde­pen­den­cia de Gali­za. Nes­te novo ple­na­rio decí­de­se
un novo pro­gra­ma tác­ti­co, adóp­ta­se o mar­xis­mo-leni­nis­mo
como facho prin­ci­pal do noso accio­nar, renó­va­se a
direc­ción da orga­ni­za­ción e cul­mí­na­se a fusión de
ADIANTE (MRG) co Gru­po Revo­lu­cio­na­rio de Estu­dan­tes
Inde­pen­den­tis­tas, dan­do lugar a ADIANTE, a secas, como
orga­ni­za­ción que uni­fi­ca o tra­ba­llo xuve­nil, estu­dan­til e
obrei­ro dun xei­to glo­bal.

No ano 2009, alén de apoiar as cam­pa­ñas elec­to­rais da
FPG e Ini­cia­ti­va Inter­na­cio­na­lis­ta, pres­ta­mos máis
aten­ción á for­ma­ción inter­na e ao deba­te. Duran­te o
pró­xi­mo 2010 adi­ca­ré­mo­nos mais á pro­pa­gan­da e á
expan­sión orga­ni­za­ti­va des­en­vol­ven­do a nosa nova cam­pa­ña
nacio­nal. En pró­xi­mos meses o noso obxec­ti­vo será
orga­ni­zar a máis mozas e mozos, che­gar a novos luga­res e
dina­mi­zar máis sec­to­res, co obxec­ti­vo fun­da­men­tal de dotar
á moci­da­de gale­ga dun futu­ro de liber­da­de e demo­cra­cia,
así como for­mar revolucionarias/​os para a loi­ta pola
inde­pen­den­cia. Non esque­ce­mos as ver­bas de Mao “Como
xul­gar se un/​ha moza/​o é revolucionaria/​o? Como
dis­cer­ni­lo? Só hai un cri­te­rio: se está dis­pos­to a se
fun­dir, e se fun­de na prác­ti­ca, coas gran­des masas
obrei­ras e labre­gas. É [email protected] se o que­re facer e o
fai; dou­tro xei­to é non-revo­lu­cio­na­ria/o ou
contrarrevolucionaria/​o”.

É así que ADIANTE che­ga aos seus cin­co anos de
tra­xec­to­ria. Cin­co anos de resis­ten­cia e ofen­si­va xuve­nil
con­tra a nosa exis­ten­cia colo­nial, con­tra o sis­te­ma da
des­igual­da­de social. Cin­co anos que ADIANTE cele­bra­rá o
vin­dei­ro sába­do 19 de Decem­bro na cida­de de Com­pos­te­la, no
Res­tau­ran­te Tria­cas­te­la (Rúa Tria­cas­te­la, Ave­ni­da de Lugo)
a par­ti­res das 20:00 horas cun acto polí­ti­co segui­do dunha
cea de con­fra­ter­ni­za­ción e dunha folia­da popu­lar.

O acto polí­ti­co dará ini­cio ás 20:00 horas da noi­te no
mes­mo Tria­cas­te­la coas inter­ven­cións de Mariano Aba­lo
(Secre­ta­rio Xeral da FPG), Ricar­do Cas­tro (Secre­ta­rio Xeral
da CUT) e un/​ha repre­sen­tan­te de ADIANTE. De segui­do, unha
cea-con­vi­vio que reagru­pa­rá á mili­tan­cia de ADIANTE,
com­pa­ñei­ros e com­pa­ñei­ras da FPG, das Redes Escar­la­ta e
da CUT, ex-mili­tan­tes de ADIANTE, cola­bo­ra­do­res,
cola­bo­ra­do­ras e unha chea de ami­gos e ami­gas.

Un pequeno día de fes­ta para ini­ciar­mos moi­tos máis
días de loi­ta.

Viva ADIANTE e o inde­pen­den­tis­mo de cla­se!!

Adian­te

Artikulua gustoko al duzu? / ¿Te ha gustado este artículo?

Share on facebook
Share on Facebook
Share on twitter
Share on Twitter

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *